Colexio Atlántida
CPR Plurilingüe Atlántida

O Colexio Atlántida é un centro privado concertado plurilingüe, que foi fundado no ano 1968 por Dª Francisca Camacho Góngora, e que no ano 1996, pasou a converterse nunha cooperativa de ensino, constituíndose así o novo centro que está hoxe a funcionar e no que se imparten ensinanzas desde Educación Infantil 3 anos ata 4º de ESO.
Este é un centro cunha ampla traxectoria docente premiado no ano 2019 co galardón de Vigués distinguido polos máis de 50 anos de labor educativa. Somos un centro familiar e cun trato cercano e directo coas familias.
dende infantil ata secundaria
Niveles educativos
Educación Infantil
Educación Primaria
Educación Secundaria


Orientación
O departamento de orientación conta con Psicopedagoga, profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe e profesorado de apoio.
Auxiliar de conversa
Como centro Plurilingüe contamos cun auxiliar de conversa nativo que apoia ás mestras de inglés nas súas clases.


Aula Madrugadores
O colexio conta con xornada continua de mañá de 9:00 a 14:00 para os alumnos de Infantil e Primaria, e de 9:00 a 14:20, para os alumnos de Secundaria.
Co fin de facilitarlle a súa tarefa aos pais/nais, o centro abre as súas portas ás 8:00 horas coa aula de madrugadores para que aqueles pais/nais que o necesitan poidan deixar antes ós seus fillos/as. Así mesmo contamos cunha aula de mediodía onde o alumnado pode esperar ata as 14:30 horas a ser recollidos polos seus responsables.
Comedor
O servizo de comedor realízase a través da empresa de catering CALIDUS. O alumnado pode facer uso do mesmo por días soltos ou por curso completo.O horario do servizo é de 14:00 a 16:00 estando atendidos en todo momento por personal cualificado.

Actividades
Cada ano se presenta unha variada oferta de actividades extraescolares polas tardes, de 16:00 a 18:00 horas, tanto para alumnos/as como para pais e nais. Para inscripcións preme o botón e elixe o noso centro na web de Yeah Activities.
Ademais destas actividades, o centro realiza alomenos unha saída complementaria por trimestre así como a celebración de datas salientables como o Magosto, o Día da Paz, Entroido os Maios, festa de fin de curso e excursión de fin de curso cos alumnos/as de 6º de primaria e 4º da ESO.
